Somos un centro aberto ás novas tecnoloxías no que os protagonistas son os alumnos e alumnas.
CoñécenosCoñece a nosa Escola
A Escola Infantil Niño Jesús é un centro de educación, que pertence a Fundación Raiola de Iniciativa Social e subvencionada pola Xunta de Galicia, onde atendemos a nenos/as desde os 3 meses a 3 anos. Ademais contamos co segundo ciclo de Educación Infantil para nenos e nenas, de 3 a 6 anos.
O noso obxectivo principal é contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual dos nosos alumnos nunha contorna no que os nenos sentan queridos e respectados.
descargar presentaciónQue che ofrecemos?
Diversión
Os nenos pasarán unha xornada divertida á vez que xogan e aprenden nun ambiente agradable.
Conciliación
Un horario amplo e flexible e axudámosche a conciliar a vida familiar e profesional.
Comedor
Contamos con menús equilibrados e saborosos, seleccionados e supervisados por un nutricionista.
Atención desde os 3 meses
Atención de nenos entre 3 meses a 3 anos nun centro educativo no que vai adquirir os seus primeiros logros e coñecementos
Profesionalidade
Atendido por profesionais da Educación Infantil: licenciados diplomados, mestres e técnicos especialistas en educación infantil, que estimulen a súa creatividade e imaxinación á vez que lle ensinan cousas novas.
As nosas instalacións
Contamos con aulas adaptadas para que todos os nosos nenos e sintan cómodos e gocen aprendendo.
Contamos con biblioteca propia, aula sensorial, lousa interactiva e... servizo de comedor!
Saber máisExcursións, talleres, obradoiros...
Dentro dos contidos da aula e os seus propios obxectivos realizamos excursións, talleres e obradoiros que nos achegan un gran de realidade ao que realizamos cada día.
Por que elixir a Escola Infantil Niño Jesús?
Na Escola Infantil somos unha gran familia, un segundo fogar para os nosos alumnos onde eles son os protagonistas.
Contamos con:
- 1º Ciclo (0-3 anos)
- 2º Ciclo (3-6 anos)
Método Exitus
Dentro do noso obxectivo principal está o xerar persoas mentalmente eficientes e con un grande desenvolvemento intelectual e emocional, atendendo á súa autonomía e desenvolvemento sendo eles os principais protagonistas e construtores das súas aprendizaxes.
Método global por obxectivos
- Educación bilingüe
- Educación en valores
- Estimulación temperá
- Innovación
- Liderado solidario
En que destacamos
A Escola Infantil Niño Jesús ofrece unha educación personalizada baseada en valores cristiáns. Ofrecemos un ambiente familiar onde os nenos e nenas poidan desenvolver os valores de convivencia, compañeirismo e respecto.
- Respecto
- O bo trato
- Compartir
- Compañeirismo
Os nosos financiadores públicos
Escola infantil subvencionada pola Xunta de Galicia
Axudas para a mellora da rede galega de escolas infantís
ESCOLA INFANTIL NIÑO JESUS dependente da entidade de iniciativa social FUNDACION RAIOLA
IMPORTE AXUDA CONCEDIDA: 23.593,73 €
Proxecto realizado:
- Obras menores (mellora do chan comedor e mellora da ventilación e do aislamento das aulas)
- Mellora do equipamento da aula sensorial
- Mellora do equipamento das aulas 0-1 anos, 1-2anos e 2-3 anos
- Mellora aula de informática
Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020
Conseguir unha educación de calidade
Unha maneira de facer Europa