Servizos que temos na escola

  • Comedor
  • Transporte
  • Campamentos
  • Extraescolares

O noso obxectivo principal é contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual dos nosos alumnos nunha contorna no que os nenos sentan queridos e respectados.

Para logralo establecemos un trato próximo coas familias, ás que consideramos como unha parte importante desta aprendizaxe.

Traballamos en conxunto para que os pais e nais participen nas diversas actividades que desenvolvemos ao longo do curso.

Excursións

Dentro dos contidos da aula e os seus propios obxectivos realizamos excursións que nos achegan un gran de realidade ao que realizamos cada día, ademais ensínannos a valorar e comportarnos de maneira global fose do centro.

A continuación, algúns lugares onde imos de excursión:

  • Panificadora Betanzos
  • Praia de Gandarío e Cabanas
  • Parque de Bombeiros
  • Área Recreativa de Reboredo
  • Mugardos (en barco)
  • Radio de Santiago
  • Avifauna
  • Granxa Escola Belelle
  • Museo de Belas Artes
  • Fundación Barrié
  • Fundación Luis Seoane
  • Fábrica de la Coca-Cola
  • Casa de Abellas
  • Biblioteca de Elviña
  • Aquarium Finisterrae
  • Casa das ciencias
  • Monte de San Pedro
  • Entre outras

Todas as excursións organízanse cos profesionais do centro e con previa autorización dos pais.

Actividades extraescolares

Desde a dirección da Escola Infantil Niño Jesús sabemos que é importante conciliar a vida laboral e familiar, polo que damos aos pais a facilidade de que as súas fillas e fillos realicen dentro do centro actividades que lles acheguen creatividade, desenvolvemento, evolución e coñecemento cultural. Ademais de relacionarse cos seus compañeiros/as e monitores dunha forma divertida e relaxada.

  • Baile galego
  • Deporte
  • Baile e movemento
  • Teatro
  • Inglés
Consulta as nosas actividades extraescolares

Horario

Contamos cun horario amplo e flexible para facilitar a conciliación laboral e familiar adaptándonos ás necesidades de cada neno.

O centro prestará os seus servizos en horario continuado desde as 8:00 a 20:00h e cada familia escollerá o horario de acordo ás súas necesidades.

Talleres e proxectos

Realizamos diferentes talleres e proxectos como o taller de cociña, de ciencias, das estacións, de música, de arte, das profesións, de cinema, de papel reciclado… entre outros, segundo os obxectivos que queiramos alcanzar.

Expresión musical

A música é moi importante para o desenvolvemento integral do neno. Traballámola a través dos instrumentos musicais, audicións, músicos, o baile, xogos e cancións

Expresión plástica

Cada día os nenos e nenas utilizan diferentes formas de expresión plástica nas que aprenden técnicas de modelado, utilizan pintura de dedos, pintan con acuarelas, exploran cal é a súa forma favorita de expresarse e potenciámola para estimular a súa creatividade, imaxinación e comunicación.